21/03/2009

Documento do sector maioritario presentado no Consello Nacional do BNG (3-3-2009)

Introducción.
O presente guión non pretende ser un documento de conclusións definitivo sobre as causas dos resultados das pasadas eleccións autonómicas, senón tan só uns apuntamentos para a reflexión e o debate. Apuntamentos que en calquera caso parten da constatación de que os resultados supuxeron un fracaso a respecto dos obxectivos que nos tiñamos fixado, ao producirse unha importante caída nos apoios ao BNG (manténdose a tendencia descendente iniciada nas autonómicas do 2001) e o retomo do PP ao gobemo.
En calquera caso, e se queremos que a reflexión e o debate permita extraer conclusións prácticas para a actuación política futura, é importante:
  1. Discernir cais son as causas profundas do resultado electoral doutros aspectos (que aínda que podan ser reveladores de erros do BNG que hai que corrixir) tiveron só un impacto marxinal. Cómpre non esquecer que á hora de valorar os resultados, cando en termos xerais son favorábeis, os erros e limitacións propias tenden a minimizarse e, á inversa, en contextos desfavorábeis, a maximizarse.
  2. Comprender que o acontecido nesta campaña e o resultado final desas eleccións son reveladores, nalgúns aspectos, de problemas complexos que non teñen respostas simples, senón que esixen de nós un esforzo para profundar na análise da sociedade galega de hoxe e nas estratexias e métodos de trabállo para incidir nela con máis eficacia.

Lectura errónea da situación.
Debemos admitir que este foi o principal erro de partida non só de cara a afrontar a campaña electoral, senón mesmo desde o inicio da lexislatura, como se a simples instalación do nacionalismo no poder e os instrumentos que desea situación se derivaban asegurasen a apertura dun novo e longo ciclo político en Galiza. Non percibimos o retorno a unha situación de maioría absoluta do PP como un risco real, até o extremo de entender (ao igual que fixo o PSOE) que o único en xogo nestas eleccións era ter máis peso no futuro bipartito. Infravaloramos ao PP, un partido cunha fortísima implantación en Galiza, e non soubemos ponderar suficientemente os sinais de que estabamos a facer un lectura equivocada da situación:
En 2005 o PP, despois da catástrofe do Prestige, despois de perder o goberno do Estado e presentando ás eleccións un líder enormemente deteriorado, perdeu a maioría absoluta de maneira moi axustada. O cambio ademais veu dado, non tanto polos resultados do BNG, -que sufriu un descenso electoral- como polo importante crecemento do PSOE. Un PSOE que despois de desprazar ao PP do goberno do Estado tiña unha imaxe rexenerada a diferenza do deterioro de imaxe que sofre hoxe.
Os resultados das municipais e xerais, con non ser negativos en termos, globais, amosaban dunha banda que o PP mantiña unha grande fortaleza e que nas cidades (anticipando un cambio de tendencia) o PP estaba en ascenso e o BNG moi debilitado.

Desafección acentuada aor unha situación de crise económica e a estratexia do PP e dos poderes mediáticos ao seu servizo.
Xa no documento político aprobada na Asemblea Nacional Extraordinaria celebrada o 4 de outubro de 2008 advertíamos que para o BNG debe ser prioritario neutralizar o cepticismo existente nalgunhas capas sociais, que pode verse agudizado polo contexto de crise económica. Para acadar os nosos obxectivos cómpre ilusionar e mobilizar, e a ilusión e a mobilización, é sempre máis difícil para as forzas políticas cuxa base estrutural descansa en sectores máis críticos e esixentes, que demandan cambios máis profundos".
Con todo, os resultados evidencian que non fomos capaces de neutralizar este risco:
  • Aínda que as causas da crise non sexan atribuíbeis ao Goberno galego, a magnitude da mesma favorece un clima a favor do "cambio" e por tanto un desafecto ao gobernante. Ademais as eleccións galegas convertéronse no primeiro test electoral tras o inicio da fase aguda da crise, máxime por estar presidido o goberno galego polo mesmo partido que goberna no Estado.
  • A experiencia histórica demostra que as situacións de crise son máis proclives para o ascenso das alternativas reaccionarias, de "solucións autoritarias".
  • A ausencia dunha cultura de gobernos de coalición e as diferenzas entre os seus compoñentes contribuíron a instalar a percepción, alimentada ao longo da lexislatura polo PP e os seus aparatos mediáticos, de que a reedición do bipartito, non aseguraba un goberno "forte e eficaz" nun contexto de crise.
  • Para o BNG foi unha preocupación ao longo da lexislatura manter un perfil propjo no gobemo e singularizar as nosas áreas de responsabilidade para evitar o risco de ser "deglutidos polo PSOE". Mais con responder este plantexamento a unha necesidade obxectiva, a visualización dun gobemo dividido en dúas partes (acentuada polas deslealdades do PSOE) fixo que nun contexto de crise a liña argumental do PP calase socialmente.
  • O PP, consciente destas debilidades, deseñou unha estratexia para provocar a desafección e desmobilización entre os votantes potencias do BNG ou do PSOE co apoio dunha campaña mediática brutal, até o extremo de conseguir situarnos socialmente á defensiva, tendo que dar explicacións, en vez de explicar as nosas propostas. A singularidade dos resultados na provincia de A Coruña é unha clara mostra do impacto que tivo a campaña dalgúns poderes mediáticos.
  • Con todo é evidente que non fomos capaces de explicar eficazmente o cambio, de construir un relato global que dotase de direccionalidade á acción de goberno nestes catro anos, nin de coidar suficientemente certos xestos para evitar que fosen percibidos como unha perda de compromiso e cercanía aos sectores sociais que constitúen a nosa base tradicional.
Fraxilidade organizativa do nacionalismo e fraxilidade ideolóxica da súa base electoral.
Unha vez máis o acontecido na campaña electoral revela este grave problema estrutural. É sintomático como o PP, pese ás súas loitas internas, pese aos escándalos que o salpican, pese aos ataques que recibe desde algunhas frontes mediáticas, cando chega a "hora da verdade" móstrase inmune a estas situacións e actúa como unha única voz e á ofensiva para defender os seus obxectivos. Fronte a isto é ben distinta a situación no eido do nacionalismo:
  • Non fomos capaces de corrixir as nosas debilidades organizativas aproveitando as potencialidades de estarmos no goberno, por un exceso de atomización no funcionamento (déficits na relación goberno-organización e BNG-organizacións sociais) e na definición e defensa de obxectivos comúns.
  • Os resultados son sintomáticos da fraxilidade do asentamento social do nacionalismo: o retroceso do BNG ten a súa causa principal na desafección dos sectores electorais máis críticos e esixentes que á súa vez móstranse claramente vulnerábeis aos ataques que recibe o nacionalismo por impulsar políticas de cambio. Dito doutro xeito:
  • -- Ao BNG fíxolle máis dano a falsa percepción instalada polo PP e algúns medios de comunicación de que practicamos políticas de imposición idiomática que o feito de que os avances en materia de normalización lingüística que houbo nesta lexislatura fosen moi cativos.
  • -- Na percepción nalgúns sectores de que "os do BNG son iguais que os outros" e na desafección que isto conlevou, influíron máis as campañas de desprestixio dalgúns medios (precisamente provocadas por non ter actuado "como os outros") que aos erros propios sen dúbida cometidos.

Conclusións.
Nos resultados electorais incidiron:
  1. Unha equivocada lectura da realidade política e social da Galiza. Infravaloración do potencial real do PP como corrente ideolóxica, potencial político e capacidade de dirixir e acompañar os ámbitos económicos financeiros e mediáticos do país.
  2. Non termos sido capaces de implantar en tres anos unha auténtica "cultura de coalición" que contrarrestase a cultura uniformista e autoritaria do PP. A tendencia do PSOE a hexemonizar a acción de goberno e fagocitar ao BNG foi compensada por nás cunha acción tendente a crear espazo propio. Esta estratexia foi coroada con éxito pero deixando uns e outros totalmente baleiro o espazo de consolidación do bipartito como tal.
  3. Unha lectura equivocada sobre a conexión dos instrumentos de poder real co PP. Especialmente nos ámbitos económicos financeiros e mediático.
  4. A crenza absurda na desideoloxización de boa parte dos votantes do PP ("non son do PP, son do poder"). Convencemento do PSOE da posibilidade de alternancia sen cambio. Incapacidade do BNG para "impor" unha nova dinámica que abrise espazos alternativos para o nacionalismo e para o bipartito.
  5. Non termos feito unha lectura acaída sobre a importancia da nosa acción de goberno e do carácter estratéxico que para o noso proxecto tiña unha prolongada estancia no mesmo. Incapacidade para valorar na súa xusta medida os cambios transformadores realizados en todos os departamentos e as dificultades reais para executar o noso proxecto con 13 deputados, a metade de conselleiros que o PSOE, sen poder transversal na Xunta, con escasas competencias e peor financiación e sen altavoces sociais para pregoar as nosas medidas.
  6. Non termos analisado acaídamente a evolución españolizadora dunha sociedade cunhas clases medias cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo. Claro avance do proxecto ideolóxico do PP en amplas capas populares e incapacidade do nacionalismo para ler a nova situación, nomeadamente no tema lingüístico.
  7. Unha situación de crise que leva ao cepticismo a respecto da política a milleiros de persoas, que non ven nas alternativas programáticas solución aos seus problemas e si, en cambio, son proclives a identificar o seu estado de ánimo con proclamas demagóxicas en favor da austeridade do gasto público e na denuncia dé süpostos despilfarros e custos da "clase política".
  8. A debilidade manifesta para facer fronte a unha campaña baseada na mentira e difamación contra o BNG e o seu candidato. A reacción exemplar do corpo militante resultou claramente insuficiente para contrarrestar o dano feito no noso entorno social.

O camiño a seguir.
  • Abrir un proceso de reflexión e debate que dea lugar ás reorientacións políticas e ás recomposicións organizativas que decidamos colectivamente, sen deixar por iso de atender outras responsabilidades nin debilitar máis ao BNG. Realizar estudos postelectorais, cuantitativos e cualitativos, para dotármonos de máis dados á hora de profundar nestas análises.
  • Reconstruir a unidade no BNG desde o respecto á pluralidade, á unidade de acción e á lealdade, Unha organización participativa cunha dirección forte, colexiada e corresponsabelizada.
  • É necesario que se visualice un BNG actuante na sociedade. Unha forza comprometida coa xente neste momento de crise. O debate interno é necesario e urxente pero non pode monopolizar a nosa vida política. Esforzarse para pór ao BNG a traballar canto antes.
  • Impedir que o PP consume a súa 2ª vitoria. Derrotado o goberno agora o PP e os seus aliados mediáticos pretenden derrotar a alternativa para moitos anos. Intentan destruir a imaxe de goberno bipartito asociándoa ao caos, falta de liderazgo, incapacidade, despilfarro e ineficacia. Todo iso cun PSOE empeñado en abonar as teses do PP a ese respecto. Defender a acción de goberno e sobre todo defender a opción do bipartito como alternativa é fundamental para favorecer a alternativa e o cambio no futuro.
  • Perfilar un discurso propio de claro contido nacionalista, social e transformador pero adecuado ao grao de conciencia da sociedade. Se o BNG tivo un erro na apreciación da realidade social do país máis equivocado sería facer caso a sectores ultraminoritarios que non só teñen esa mesma lectura equivocada se non que ofrecen como receita máxica converter ao BNG na representación política da marxinalidade.
  • Resituar o noso papel na política nacional como referente opositor ao PP, no plano político-institucional e no plano social.
  • Redefinir a nosa relación coa sociedade. Nos últimos tres anos fixemos un esforzo moi importante por ampliar a nosa base social. Agora na oposición deberíamos seguir ese camiño e non tirar pola borda todo o traballo feito.
  • -- Mellorar a interrelación coas organizacións sociais do nacionalismo e tecer obxectivos comúns.
  • -- Recuperar presenza na base da sociedade: no tecido asociativo e na incidencia a partir de problemas concretos.
  • -- Revisar estratexias e métodos de traballo nas cidades. Iniciar a preparación das eleccións municipais estudando os cambios que sexan necesarios (referentes, equipas, etc.).
  • Cómpre afianzar os gobernos municipais no inmediato futuro, como xeito de facer críbel ante a sociedade unha posíbel alternativa no medio prazo. Neste sentido é preciso asentar as bases da relación co PSOE no ámbito municipal sobre o principio de lealdade, aceitación e respeito mutuo. Revisar a relación co PSOE na política estatal.
  • Análise de estratexias ante a españolización crecente da sociedade, nomeadamente nos ámbitos urbanos. Defensa da normalización da nosa lingua e cultura con criterios pedagóxicos adaptados ao nivel de consciencia social real. Asociar á defensa dun marco referencia galego valores de progreso.

Nenhum comentário: