16/11/2007

SOS Courel insiste en reclamarlle aos grupos políticos un maior compromiso cos espazos naturais

SOS Courel insiste en reclamarlle aos grupos políticos un maior compromiso cos espazos naturais, sobre todo, logo da redacción do proxecto de lei de Minería de Galicia.

Á Presidenta do Parlamento de Galicia

Mesa do Parlamento

Despois de entregar as máis de 21000 sinaturas en defensa do Courel, dirixidas ao Presidente da Xunta, co encargo de que se lle enviara copia á Presidenta do Parlamento de Galicia, exercemos o noso dereito a lexislar con Vós, no referente ao "Proxecto da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia" que deixa á "intemperie" todos os espazos naturais da Galiza e ímolo demostrar paso a paso:

a.- A Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, vai ser a primeira lei autonómica de todo o Estado nesta materia e non é como din, para regularizar as explotacións clandestinas existentes, xa que a "máis iposible" de todas, "La Campa_Santa Eufemia", xa foi autorizada dun "golpe" o 21 de xuño de 2007.

b.- O verdadeiro motivo desta Lei é facilitar a tramitación das novas concesións mineiras e o "asalto" de novas explotacións ao solo rústico especialmente protexido de espacios naturais, paisaxístico, agropecuario, forestal, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc, a través do Plan Sectorial de actividades extractivas.

Por iso, con esas miras futuras, deixase que siga o trámite das de momento, 54 novas canteiras no Courel, en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais. Esta "multitramitación de actividades extractivas" cargadas de "expropiación forzosa", xa se vai ocupando de ir despoboando o territorio e de disuadir da implantación das actividades económicas alternativas necesarias para o mantemento do patrimonio cultural e natural.

c.- Xa a Lei do Solo, 9/2002, na súa disposición transitoria nº 12 consinte para o futuro e di: ""..A implantación de novas explotacións e actividades extractivas en calquera categoría de solo rústico especialmente protexido (de espacios naturais, paisaxístico, agropecuaria, forestais, augas, costas, infraestructuras, patrimonio, etc) non poderá realizarse en tanto non sexa aprobado definitivamente o correspondente Plan sectorial de actividades extractivas, ao abeiro da Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 10/1995) "".."

d.- Este proxecto de Lei de ordenación da minaría contempla, no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do "Plano da Minaría de Galicia" que se corresponde co "Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia.

e.- As garantías ambientais do "Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia" estableceranse por medio de unha avaliación ambiental "a carta", o mesmiño que se fixo nos plans sectoriais de eólicos, acuícolas, etc; unicamente "literatura de sostibilidade" para saltarse a Lei do Solo.

f.- Así, o único obstáculo ambiental que queda, intentouse eliminar polo artigo 39, punto 4, deste proxecto de Lei, onde o Consello da Xunta, do 21 de xuño de 2007 (o mesmo día que se autorizou a "CE La Campa") "colou" un apartado polo que "as actividades extractivas" poderían "saltarse" o vixente Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Peligrosas (RAMINP), e sería substituído por unha "avaliación ambiental". Evidentemente este apartado terá que retirarse da Lei que se aprobe no Parlamento, a menos que queiran contradicir a normativa estatal.

g.- Introdúcese tamén neste proxecto de Lei, a declaración de "concellos mineiros", tal e como se prevé no artigo 46, por o que a minaría pasaría, a maiores do interese público, a ter tamén interese social nestes concellos. Según este artigo, Folgoso do Courel, con máis do 90% do seu territorio en solo rústico especialmente protexido de espazos naturais, sería declarado "concello mineiro".

h.- Por todo o anteriormente exposto e para evitar a inseguridade xurídica e de futuro esiximos ao Parlamento de Galicia que se incorpore á esta Lei de Ordenación da Minaría de Galicia a prohibición de tramitar concesións e instalar actividades extractivas en terreos incluídos na Rede Natura e outros espazos naturais, no senso en que obriga a Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, que no último parágrafo do seu artigo 6, di:

"No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente se poderán alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns periosas de interese público de primeiro orde."

Ante a grave desfeita do Courel, un dos espazos de maior biodiversidade e xeodiversidade da Europa, ateigado de hábitats naturais prioritarios e de especies prioritarias, e polo tanto de máximo interese científico-educativo, natural e cultural, valores protexidos expresamente na Constitución do Estado polos artigos 44, 45 e 46; onde a maiores, estase a incumprir gravemente a Normativa Comunitaria que obriga a todos os estados membros; é de esperar que sexa o Parlamento da Galiza o que tome a dianteira na defensa destes territorios e valores tan próximos.

Outono de 2007

Nenhum comentário: