Marcos
La Voz de Galicia está a piques de saír do reducido 'clube' de cabeceiras que no Estado Español distribúen máis de cen mil exemplares cada día. A súa difusión (102.858 exemplares diarios no 2008) leva anos experimentando continuos descensos, dende a marca acadada en 2002 coa crise do Prestige, cando superou os 111 mil. Ademais, nos últimos anos, o xornal mantívose por riba da liña simbólica dos 'cen mil' unicamente a costa de aumentar os mecanismos de difusión atípica, que pasaron de significar o 4.93% en 2004 a ser o 10.4% en 2007. La Voz distribúe, ademais, máis de sete de cada dez xornais na provincia da Coruña, o que fai discutible a afirmación de que se trata dun medio de alcance 'rexional' ou 'galego', como se defende dende Sabón.
O xornal de Santiago Rey atravesa dificultades económicas. Aos seus problemas tradicionais, provocados por unha estrutura sobredimensionada formada por doce delegacións e doce edicións distintas, únense o descenso de vendas e de publicidade, común a todas as cabeceiras, e, a maiores, dúas necesidades económicas específicas. Por unha banda, La Voz debe poñer en marcha a súa canle autonómica de TDT, concedida polo goberno de Manuel Fraga en 2005, un forte investimento económico ao que non pode facer fronte neste momento. Pola outra, o xornal ten que adquirir unha nova rotativa, un gasto de varios millóns de euros. La Voz quere que a Xunta achegue unha parte importante destes cartos, como xa o fixo en etapas anteriores, e de seguro que o xornal utilizará toda a súa capacidade de presión e influencia para conseguilo.
Estes problemas económicos xa están tendo consecuencias para os traballadores. Hai uns meses a empresa propúxolles aos redactores unha revisión do convenio laboral que incluía unha 'oferta' de redución dun tres por cento nas nóminas e a ameaza de que se o convenio era rexeitado o xornal tería que desfacerse duns cincuenta traballadores. Os sindicatos con representación nos distintos comités de empresa aceptaron o 'preacordo de medidas transitorias anticrise 2009-2012', que foi refrendado polo 78% dos traballadores, co obxectivo, segundo Comisións Obreiras, de “seguir remando todos juntos en estos difíciles momentos, sin perder a nadie por el camino”. Porén, a actitude dos sindicatos foi criticada por moitos traballadores, que ven na aceptación da redución salarial proposta polo empresa un primeiro paso para futuros recortes.
Boa parte do actual dominio de La Voz pode explicarse por un feito xeracional, produto do compromiso coa democracia que o xornal demostrou entre 1969 e 1977 baixo a dirección de Francisco Pillado. Nese período La Voz deulles voz ás forzas da oposición, o xornal corría de man en man entre os obreiros de Vigo e Ferrol e entre os estudantes de Compostela, e foron varias as multas que o Ministerio de Información lle impuxo; de feito, o propio Manuel Fraga tiña prohibida a entrada no xornal por orde de Pillado. Os lectores que agora teñen entre corenta e sesenta anos gardan dese período a imaxe de La Voz como un medio comprometido co país e progresista, en oposición á prensa local de cada cidade, máis conservadora. Este grupo xeracional é o que hoxe ocupa os principais postos de responsabilidade, e é ademais o que en maior medida merca prensa en papel.
Despois chegou a loita pola capitalidade, na que La Voz, como xornal coruñés que é, tomou partido “volcanicamente” pola cidade herculina. E chegou tamén o poder autonómico e con el a decisión da empresa de tomar as rendas da información política galega e de limitar a autonomía da que até aquel momento gozaran os xornalistas. Este proceso, que afectou a todas as cabeceiras do país, completouse cando as empresas de información se converteron en empresas multimedia, o que aumentou aínda máis o control que os editores querían ter sobre as decisións xornalísticas. La Voz quere influír na política galega dende a cidade da Coruña, actuando como instrumento dos grupos de poder locais, empresariais (Inditex, Jove, Castellanos...) e financeiros (Caixa Galicia e Banco Pastor). Perdida a loita pola capitalidade nos anos oitenta, unha derrota que aínda doe, as elites coruñesas buscan liderar Galicia en beneficio propio, marcando o ritmo das decisións políticas e a axenda informativa, da mesma maneira que as elites madrileñas e os medios de comunicación da capital do Estado fan cos políticos e a prensa 'de provincias'.
Na última campaña electoral La Voz abandonou a aparente neutralidade política que mantiña para lanzarse a un ataque contra o goberno bipartito, unha acción da que saíu triunfante, colocando a Alberto Núñez Feijoo no poder e deixando patente a súa innegable capacidade de influencia política na provincia da Coruña. Pode que os problemas económicos da empresa de Santiago Rey sexan a orixe da campaña que encetou contra o Bipartito, pero nesta batalla, na que Touriño e Quintana perderon o goberno, La Voz tamén acabou ferida, espida fronte aos seus lectores máis fieis. Se cadra a deserción non é inmediata, pero despois do 1 de marzo para moitos, aínda que o sigan mercando a diario, La Voz xa non é o xornal que os representa.

("O Xornal" nº 5, voceiro da Central Unitaria de Traballadores)
Nenhum comentário:
Postar um comentário